OS MAIOS EN CATOIRA.

 Nesta época celebrase a chegada da primavera que propiciaba a obtención de boas colleitas e para festexalo celébranse festas populares: os maios, época de exaltación da natureza cuios orixes remóntanse nas civilizacións prerromanas.

Os maios en Catoira eran moitos máis sinxelos que noutros lugares.
No século XX, neste mes, a veciñanza madrugaba ás 6 da mañán para facer as labores da terra (labrar e sementar o millo, por exemplo) e despois moitos veciños ás 9 menos cuarto ían a traballar á Cedonosa.
As rapazas do antigo colexio (onde está actualmente o centro médico) tiñan un altar da Virxe de Fátima (non se sabe o paradoiro actual) e cantaban versos:

“Con frores a María,
con frores a María,
Ave María”.
“Como son tan pequeniña
e teño pouquiña voz
Viva a Virxe María
Nai de Deus”.
Cada nena, recitaba un verso e poñíanlle unha fror (margaridas, rosas, …) que recollían anteriormente camiño ó colexio. Tamén facían coroas, colares e pulseiras con margaridas.
Os rapaces no ano 1972 (aprox.) nun cartón pintaron as Torres de Oeste e despois o decoraban pegando grans de millo.
Outro ano participaron nun concurso de maios no colexio de Arealonga (Vilagarcía de Arousa) onde cantaron coplas.
A tarde do 30 de abril, antes do anoitecer, recollían xestas para poñelas nas portas da casa ou dos carros para que entrara o bo maio. Desta tradición hai un refrán:
“ Si polo maio cólleche o sol na cama,
Andas todo o maio maiado”.
Refírese a que viñera un bo mes cás labores de terra e non viñera todo de súpeto e non dera tempo a facelo todo.
Esta tradición segue manténdose.
O que non era tradición son os maios que celébranse en Pontevedra e Ourense, por exemplo, onde realizan diversas representacións ó arredor dunha árbore ou escultura de forma cónica recuberta de frores, follas, fieitos, froita, ...
Este ano a miña familia decidimos crear un maio xeitosiño onde participaron nenos e familiares maiores. Fóisenos un pouquiño da man e decoramos ata o tractor. Nas fotografías explicase os pasos para realizalos.
Anímovos a crealos, son moi divertidos!
TOPONIMIA
Catoira.
As datas en que se rexistra por primeira vez o topónimo Catoira son algo posteriores ás de Oeste e lévannos ao primeiro terzo do século XII, cando consta por escrito como sendo elemento do nome de San Salvador de Catoira. No mesmo documento, figura como apelido toponímico dun Pedro Pais de Catoira ou Pedro Paz de Catoira (<< Petro Pelaiz de Catoira>>, no latín do texto. Nestas e noutras referencias posteriores, o topónimo Catoira aparece designando non só un lugar concreto, senón tamén unha área que comprendía boa parte das actuais parroquias de Dimo e de San Miguel de Catoira.
Non coñecemos a data precisa en que San Salvador deixou de ser igrexa parroquial. Na primeira metade do século XV seguramente aínda o era. En 1526, unhas das testemuñas do mencionado preito Tabera. Fonseca identifícase comom veciño de San Salvador de Catoira. “...”.
Cando San Salvador de Catoira deixou de ser parroquia, a súa denominación quedou reducida a San Salvador, de maneira que o nome de Catoira sobreviviu unicamente para a veciña parroquia de San Miguel de Catoira: “...".
No século XVIII a parroquia de Catoira (San Miguel) pertencía á xurisdición de Sobrán, señorío do Conde de Maceda. Co final do Antigo Réxime e dos señoríos xurisdionais e a creación da división municipal actual, o nome da parroquia pasou a servir tamén de nome para o novo concello, cuxa capitalidade se estableceu no lugar da Corredoira, segundo consta no dicionario de Madoz (1845). Por esta mesma fonte sabemos que daquela a parroquia de Catoira constaba 83 veciños (cabezas de familia) e 415 almas (habitantes). En 1910 os habitantes eran 466. No padrón de 20056 figuran 1143 habitantes.
“...”
En conclusión, creemos que o significado orixinario do nome de Catoira é o de ‘miradoiro’ ou lugar desde onde se divisa un amplo panorama. Tal vez se refire ás condicións naturais do terreo ou talvez teña relación coas funcións defensivas das torres e do castelo do Oeste. Se o obxecto destes últimos era impedir a entrada polo río arriba de naves inimigas, é verosímil que Catoira se referise a algunha atalaia, esculca, vela ou facho dese onde se vixiaba a ría e , en caso de alerta, se daba aviso inmediato ao vencidario e ao sistema defensivo de Oeste. “...”.
Texto extraído:
“Toponimia de Catoira”, Gonzalo Navaza.
Wikipedia.


Buscar materiais para facer a forma do maio.

Montaxe.

Búsqueda de frores e plantas.

Cun fío xuntar as margaridas.

Decorar cas frores e prantas. Podese empregar naranxas, limóns, cebolas ,...

Deixar que participen os rapaces.

Maio moderno. 

Deixar que os familiares maiores tamén participen.

Decorar o tractor a falta de carro.

Crear coroas, colares e pulseiras de margaridas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.

A MOZA XITANA DE CATOIRA