O CALVARIO DE ABALO, CRUZ DO CONDADO. ABALO.

 Na parroquia de Abalo conservase unha cruz das tres que pertencían ó Calvario, situase no camiño que vai cara ós tres muíños de vento.

Un calvario era o recorrido que marcado con altares ou cruces debe atravesarse mentres en cada unha das estacións rezabase, para recordar a marcha de Xesús ata o monte onde foi crucificado.
Actualmente no propio Calvario conservase a cruz central, a de Xesús Nazareno (estación número XV) e a base dunha das laterais pertencentes ós ladróns.
CALVARIO
A cruz do Calvario central ten por alicerce (base) dous chanzos irregulares. Base grandes, pouco alta, de bordos rectos.
Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro.
Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e sen raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20m de alto, sendo a súa envergadura de só 67 cm. Toda ela e moi finiña e lanzal, xa que acada soamente de perímetro 57 cm.
A unha distancia duns 8m atópase unha pequena base cúbica que mantén aínda o burato no que se fincaba unha das cruces dos ladróns, por iso estamos a falar dun calvario. Seguramente servía de soporte a unha cruz baixa, dada a súa pequeneza.
Nada indica o ano de construción e lendas pois non hai epígrafes.
CRUZ VIA CRUCIS
Na igrexa de Abalo se conserva unha das catorce cruces, das que consta un vía crucis tradicional, sobre a cimeira do muro e pola banda dereita da Igrexa de San Mamede de Abalo. Trátase dunha cruz baixa, maciza, monolítica, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Ten de altura 93 centímetros, unha envergadura de 58 centímetros e un perímetro na parte media do pé de 44,50 centímetros. Posúe un epígrafe ilexible.
QUE É O VIA CRUCIS
O Via Crucis está composto por quince estacións nas cales se reza e medita acerca da pasión, norte e resurrección de Xesucristo.
Durante o seu desenvolvemento, ben sexa nunha igrexa ou espazo aberto xunto con interpretacións, as persoas oran de maneira respetuosa recordando todo o vivido por Xesucristo e os seus seguidores.
Celebrase o venres Santo e o venres de Cuaresma.
O Vernes Santo de 1991, Juan Pablo II creou a estación XV dedicada á resurrección de Cristo.
Significado das estacións:
• Primeira estación: Xesús é traizoado por Xudas, un dos seus discípulos. Por iso é detido e condenado a morte por Poncio Pilato.
• Segunda estación: Xesús leva a Cruz.
• Terceira estación: Xesús cae por primeira vez do peso da Cruz.
• Cuarta estación: Xesús atopase cá súa nai, María.
• Quinta estación: Xesús é axudado a levar a Cruz por Simón o Cireneo.
• Sexta estación: Verónica limpa o rostro de Xesús.
• Sétima estación: Xesús cae por segunda vez coa Cruz.
• Oitava estación: Xesús fala consolo ás mulleres de Xerusalén.
• Novena estación: Xesús cae por terceira vez.
• Décima estación: Xesús é desposuído das súas vestimentas.
• Undécima estación: Xesús é crucificado.
• Duodécima estación: Xesús morre na Cruz.
• Décimo terceira estación: o corpo de Xesús é baixado da Cruz e abrazado por María.
• Décimo cuarta estación: o corpo de Xesús colócase no sepulcro.
• Décimo quinta estación: Xesús resucita de entre os mortos o terceiro día.
TOPONIMIA
As Cruces.
Os substantivos cruz e cruceiro están moi presentes na toponimia, se ben moitos casos non é doado coñecer con precisión a motivación e o significado orixinarios dos topónimos que os conteñen, pois unha veces aluden a unha cruz erixida no lugar, de pedra ou doutro material, con intención relixiosa, e outras veces simplemente fan referencia a unha encrucillada viaria, cun uso tradicional do substantivo cruz hoxe ameazado na fala polo castelanismo cruce. Dado que era habitual erguer os cruceiros nas encrucilladas dos camiños, ambos os significados van unidos con frecuencia e non sempre podemos saber cal deles deu orixe ao topónimo. Na forma do plural, As Cruces, refírese polo regular a cruces relixiosas, como ofrenda ou recordatorio ou con foran de calvario ou de vía crucis. Noutros casos as cruces da toponimia son antigos marcos ou fitos que sinalan lindes e demarcacións. Segundo o nomenclátor actual, o singular A Cruz está presente no nome de arredor de centro corenta entidades de poboación galegas, e noutras tantas o derivado Cruceiro; o plural Cruces, en máis de vinte. Na toponimia de Catoira, As Cruces é o nome dun núcleo habitado da parroquia de Abalo. As Cruces é tamén o nome dunhas terras de labor na parroquia de Abalo, onde hai así mesmo O Cruceiro das Cruces. O singular témolo en varios topónimos menores: A Cruz en Oeste; O Campo da Cruz, A Cruz da Señora, A Cruz de Clemente e A Cruz de Pau na de Dimo. Un diminutivo témolo no nome dunhas terras de arboreado chamadas A Santa da Cruciña, en Dimo, que han de ser as que aparecen rexistradas simplemente como Cruciña no Catrasto de Ensenada (1753).
O derivado cruceiro ten aínda maior presenza na toponimia do termo municipal: O Cruceiro, O Cruceiro do Campo e O Cruceiro da Galega en Abalo; O Cruceiro, O Cruceiro do Codeso, O Cruceiro das Cruces, O Cruceiro do Cemiterio (do Sementeiro, na fala) en Catoira; O Cruceiro da Viladesuso e O Cruceiro da Baiuca en Oeste; O Cruceiro Novo, O Cruceiro da Busta, O Cruceiro da Xunqueira e O Cruceiro do Arón en Dimo.

Texto extraído:
"Cruces, cruceiros e ptos do concello de Catoira (Historia dun concello)", de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
Toponimia de Catoira, Gonzalo Navaza.

Cruz central.

Cruz central ó fondo, en primer plano a base dunha cruz de ladrón.

Base Cruz de ladrón.

Nos extremos dos brazos: círculos concéntricos.

 Inscripción INRI.

Xiabre ó fondo.

Cruz que conservase na Igrexa de San Mamede de Abalo.

Posible base dunha cruz de estación.

Estación III.

Estación V.

Estación VI.

Estación VII.

Estación VIII.

Estación X.

Estación XI.

Estación XII.
 
Estación XIII.

Estación XIV.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA