TANXUNGUEIRAS EN CATOIRA. DIMO

 


Nunha zoa da parroquia de Dimo existe o topónimo de A Tanxugueira.

Extracto do libro “Toponimia de Catoira” de Gonzalo Navaza.
“Teixugos e outros zootopónimos.
Recibe o nome de A Tanxugueira unha zoa de arboredo da parroquia de Dimo, onde hai tamén As Tanxugueiras Grandes, As Tanxugueiras Pequenas, As Tanxugueiras da Eira e mais As Tanxugueiras da Chan. Estas formas son alteradas dun oixinario Teixugueira, zootopónimo común en Galicia que designa lugares onde hai presenza ou abudancia de teixugos (Meles meles) ou os tobos onde habitan estes animais.
Podemos identificar eses topónimos actuáis de Dimo cos que figuran no Catrasto de Ensenada correspondente a esa parroquia como Cerradas de Teijueiras e Teijueiriñas, se ben non dispomos de información que permita saber se a grafía Teijueiras representa un Teixugueiras da fala ou se nesta convivían dúas denominacións alternativas: Teixoeiras (derivado de TAXONE ´teixugo’, coma o español tejón) e Teixugueiras (este si derivado de teixugo). O Catrasto de Ensenada recolle na parroquia de Catoira unhas propiedades situadas nos lugares chamados Agro dos Teixugos e Agro de Tras dos Teixugos).”
Mapa

Teixugo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.

A MOZA XITANA DE CATOIRA