ESCULTURA FUNERARIA NA IGREXA DE SANTA BAIA DE OESTE. OESTE.

 Na igrexa de Santa Baia de Oeste atopase a Capela Pereira onde unha fermosa escultura funeraria recorda ó seu fundador Jacome de Silva y Escudero, do que o seu primeiro apelido é Sixirey.

A igrexa parroquial de Santa Olalla ou Santa Baia de Oeste é templo con planta de nave única, cuberta con bóveda de medio canon con lunetos (fendidura en forma de media lúa producida por outra bóveda máis pequena que penetra nela) e arcos faixóns de reforzo (elemento estrutural que forma parte da bóveda de cañón e serve para reforzala. É parecido a un costillar que “faja” dita bóveda fortalecéndoa); a capela maior é de planta rectangular, máis estreita que a nave e cóbrese con bóveda de crucería (transmite o peso ós pilares).
No lado norte da nave ábrese a Capela da Nosa Señora do O, capela funeraria do SXVI; o prebisterio (espazo que precede ó altar maior) ten adherida á sancristía, tamén no seu lado setentrional.

Capela Pereira.

Placa da “inaguración” da Igrexa.

A capela foi construída por un capitán, pertencía a unha casa soarega sita nas inmediacións da igrexa, actualmente chamada “Casa de Pereira” que na súa fachada ten un escudo case igual ó do sepulcro.
Fachada da Casa Pereira có escudo.

Escudo da Casa Pereira.

A capela cóbrese con bóveda de crucería e na súa clave (peza central da bóveda) labrouse un sol.
Sol labrado na clave.

Bóveda de medio cañón con lunetos e arcos faixóns de reforzo, e clave na que labrouse un sol.

No van que se abre sobre o sarcófago pétreo recórtase a imaxe da Virxen do O, titular da capela, e sobre esta labrouse un relevo cá escea de Santa Ana e a Virxe.

Retablo da Sacristia cá imaxe da Virxe da O.

A lectura iconolóxica deste espazo sepulcral parece remitir á idea da salvación por medio da devoción á María; se no espazo funerario propiamente dito, imaxe do mundo perecedoiro, aluma o astro rei na bóveda, María aparece envolta en luz – física e simbólica-, custodiando o eterno descanso do defunto e ofrecéndolle a esperanza da resurrección.

Imaxe de Santa Ana e a Virxen cá vidreira encima.

Imaxe Santa Ana e a Virxen, parece remitir á idea da salvación por medio da devoción á María.

Na parede do fondo ábrese unha pequena fiestra cá imaxe dun cáliz acompañado de viña e millo (¿?), coroado polo que parece ser unha ostia sagrada.

Vidreira.

O sepulcro do fundador está nun arcosolio (oco nun arco que empregase como sepulcro), cá imaxe armada do xacente, a súa cabeza apoiada sobre a man dereita, case semellando que dorme, a espada sobre o peito, suxeita ca man esquerda, e un lebrel ós seus pes como sinal de fidelidade.

Estatua funeraria do fundador da capela presentado armado.

O elmo levanta a viseira para que se vexa o óvalo do rostro, a súa cabeza apoiada sobre a man dereita, case semellando que dorme.

A espada sobre o peito, suxeita cá man esquerda.

Un can (lebrel) ós pés do fundador como sinal de fidelidade.


O elmo levanta a viseira para que se vexa o óvalo do rostro. A escultura ten a inscrición:
AQVI IAZ IACOME DE SIXIREY ESCUDERO

Sen embargo, outra lectura de epígrafe interpretou de modo distinto o nome do defunto:
AQVI IAZE JACOME DE SILVA Y ESCUDERO

Inscrición:
AQVI IAZ IACOME DE SIXIREY ESCUDERO
Sen embargo, outra lectura de epígrafe interpretou de modo distinto o nome do defunto: 
AQVI IAZE JACOME DE SILVA Y ESCUDERO.

Baixo o que parece o escudo cás armas do finado: unha ponte con tres arcos sobre a que se ergue un castelo con tres torres, con arbustos saíndo das ventás da torre principal, parecendo semellar ruína. O castelo podería se-la fortaleza de Oeste, cá súa torre central máis destacada; a representación da cruz , de brazos iguais, ensanchados nos extremos, é de tradición asturiana, o que podería significar un novo vínculo co castelo próximo.

Escudo.

Esta capela acollía a unha veintena de feligreses, pero a comezos do 1900 a poboación chegou ó medio millar polo que o 20 de xullo do 1909 comezan a construción da igrexa para darlle cabida, rematando as obras o 16 de xullo do 1911.

TOPONIMIA:
IGREXA DE OESTE
Os haxiotopónimos ou nomes de lugar relativos aos santos e aos cultos relixiosos son moi comúns na toponimia, dada a enorme presenza da relixión na cultura tradicional. Algúns dos topónimos que conteñen os adxectivos santo e santa xa os tratamos noutros apartados. San Xoán (<latín SANCTU IOHANNE) é nome dunha área de arboredo en Abalo, e Samartiño ou San Martiño (<SANCTU MARTINU) o dunhas terras del labor en Oeste, máis non coñecemos a motivación concreta que deu eses nomes a eses lugares. San Miguel, San Pedro e Santa Baia son denominacións da igrexa ou capela correspondente á advocación parroquial, e ás veces aplícase ó nome do santo a herdades ou lugares relacionados coa igrexa ou coa propiedade parroquial: A FONTE DE SAN PEDRO en Dimo, A IGREXA DE SANTA BAIA, O MUIÑO DE SANTA BAIA e O ADRO DE SANTA BAIA en Oeste, etc. Adro é a forma galega correspondente ó latín ATRIUM, e está presenta tamén no topónimo O ADRO DE CATOIRA.

Texto extraído:
Catoira chave e selo de Galicia, Concello de Catoira.
Oeste, cen anos de historias, Pepe Castaño Dios.
100 anos da Igrexa de Santa Baia, Concello de Catoira.
Toponimia de Catoira, Gonzalo Navaza
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/11/santa-baia-de-oeste-catoira.html
http://haiqueterghanas.blogspot.com/2015/05/conecendo-o-patrimonio-de-catoira.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.

A MOZA XITANA DE CATOIRA