CAPELA PRIVADA DA NOSA SEÑORA DA BARCA. CATOIRA



Está situada en Catoira, o seu toponimo é A Capela, no lugar de Aragunde (CORRECCIÓN: non é correcto que a capela este na zoa de Aragunde, é na zoa de Tras da Veiga), nunha finca privada. Antigamente, ao lado da capela, había unha necrópole (cemiterio). Todo o achado na capela pertence á época sueva. (S. VI-VII).

No seu interior albergaba unha imaxe da Virxe da Barca está feita de madeira de aciñeira, está policromda, mide 72 cm de alto e 12,5 de ancho. Data do ano 1735. Agora encóntrase na Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira. A Virxen foi trasladada á casa da dona.

O culto a esta virxe débese a Don Roque do Río, veciño de Catoira, comerciante que negociaba na ruta entre México e Galicia que, atopándose en perigo de naufraxio do seu barco, ofreceuse a facer a capela no seu lugar de nacemento. Así se recolle nun documento da época este ofrecemento para a construción da capela: "q aviendo transitado antes de ahora desde este Reino (de Galicia) al de Nueva España para comercios q se le han ofrescido a este y en las costas del mar se le ha sucedido y a los demás compañeros, el levantarse temporal contrario al viaxe q trahían destinado, de tal manera q la nave en q transitaba se vio en distintas ocasiones en naufragio de perderse, con cuio motivo, sinenvargo de la devoción q antes tenía a N.ª S.ª de la Barca, le ha invocado ferborosamente, con cuio auxilio y protección ha conseguido feliz tránsito y ponerse en puerto salbo, en cuia ocasión le ha ofrecido, a costa de sus bienes, hacerle una capilla en esta, dicha fgrª y fundar una misa cantada (...) q tiene deliberado hacer dcha capilla en el campo q se dice tras da veiga da Carballa".
Posiblemente esta capela se fixese adosada á antiga igrexa parroquial de San Salvador, citada no apartado referente á igrexa de Dimo, da cal dependía naquela época.

Trátase dunha capela de planta rectangular con presbiterio máis elevado que a nave e cuberta a catro augas. O seu paramento aparece conformado en cantaría de granito rematado nunha cornixa perimetral moldurada, situando unha bufarda sobre o lintel da porta de acceso principal. Coroa a fachada unha espadana dun único oco que carece de sino.
Na contorna da capela existen varios exemplares de sobreiras (Quercus suber), de grande valor biolóxico e dendrométrico.

A figura da virxen segue a estar buscada, persoalmente desexo que pronto sexa atopada.

Texto extraído en:
http://haiqueterghanas.blogspot.com/2015/06/normal-0-21-false-false-false-es-x-none_8.html
https://www.obaixoulla.gal/index.php/elementos/catoira/arquitectura-relixiosa/capela-da-nosa-senora-da-barca

Vista da Capela

Vista da Capela
Vistas da Capela

Lugar da Capela, frecha amarela




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.