A PONTE DE CORES. ABALO

 Na parroquia de Abalo, preto da Finca do Patiño hai unha ponte pola que discorre o rego Souto da Vila, e pasa o Camiño Real, é a Ponte de Cores. Unha ponte que animo a vela porque o lugar é tranquilo e ideóneo para pasear. Iso sí, aconsello ir abrigados porque é unha zoa que refresca moito.

O canteiro segue a ser un misterio para mín, gustaríame poñerlle nome, alguén sabe del?

Estrutura:
Esta ponte levantouse sobre o río do Batán para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso pola parroquia de Abalo. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como no peitoril e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar.
Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma o peitoril, a da canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme. Ao pé dun dos muros protectores da ponte, sitúase un bolardo granítico de forma cilíndrica que, con toda seguridade, serviu para facilitar o amarre das bestas que servían de cabalgadura (cabalos e burros) ou forza motriz animal (cabalos) aos arrieiros profesionais e viaxeiros en xeral.
Toponimia:
O apelido Patiño ten presenza significativa nos concellos próximos á ría de Arousa. Nel confluíron un nome latino de orixe etrusca Patinius (Boullón, 349) e o diminutivo de pato, empregado como alcume da Idade Media. Na documentación histórica relativa a Catoira rexistramos este apelido desde o século XVIII; por exemplo, nun Pedro Antonio Patiño que nese século era o administrador dos bens e dereitos que tiña na zpna o Señor de Sobrán, Conde de Maceda. Está presente este apelido nos topónimos A Punta de Patiño, A Curva de Patiño e A Finca de Patiño, da parroquia de Abalo.















Texto extraído de:
https://www.obaixoulla.gal/elementos/catoira/obra-civil/ponte-de-cores
"Topinimia de Catoira", Gonzalo Navaza.


Vista.

Marca canteiro. Aparece tamén no muiño de vento - pombal da Baiuca.

Vista.

Vista.


Interior.


Posible bolardo.

Vista superior.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.