Publicacións

O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

Imaxe
Toma da Porta da Gamba durante a Reconquista de Vigo . Nos primeiros meses de 1809 as tropas de Napoleón   Bonaparte saquearon as parroquias de Catoira asasinando a máis de 20 veciños dos que non debemos esquecelos por formar parte dun feito histórico en Galiza “a expulsión do exército francés polo pobo galego”. Comezo honrando ás nosas veciñas e ós nosos veciños que loitaron e non poideron fuxir desta barbarie, moitos deles de idade avanzada. Loitaron como valentes por defender a terra da que naceron, contribuíndo así a entrar na historia na que obrigaron ós xefes da guerrilla francesa a dispersar as súas forzas.   Por eles, van esta publicación. Sit ei terra levis. ANTECEDENTES O exército francés có pretexto de atravesar a Península para dirixirse a Portugal, aproveitou a ocasión para ocupar España. Os franceses ían disolver o reino de Portugal, un baluarte (fortificación militar) que Inglaterra dispuña no sur de Europa. Carlos IV, despois do Motín de Aranjuez, decid...

O ENTROIDO EN CATOIRA

Imaxe
  Na estación , no local de comidas de Casa Emilio, cando aínda funcionaba o cine Rañó, facíase bailes con disfraces e pequenos percorridos. Contan que un ano nun descapotable uns veciños (entre eles Pasarín) disfrazáronse de jeques con turbantes e gafas de sol, sendo un éxito.  Extracto do libro “Aquela xente de Catoira” de Pepe Castaño Dios, páx. 284.  “E lévalo, é lévalo, e lévalo Entroido a cabalo do teu coiro. Para o ano que vén, que te acabale ben e se non te quere acabalar que te leve ó mar …"   Popular   Antigamente disfrazábase un burro. Máis tarde pasaron a ser disfraces con roupa vella, e outros con roupa moi antiga. Tapábase a cara cunha media, pois aínda non había caretas. Os rapaces asustábanse moito cos choqueiros. A nivel gastronómico, comíanse a cacheira e as filloas. Gastábanse bromas e “metíanse mentiras”, facíanse burlas colocando un papel no lombo, sen que se decatase o que o levaba. A mocidade escribía cartas sen remite, ond...

A MOZA XITANA DE CATOIRA

Imaxe
  A XITANA DOMINICA Esta tenra e romántica historia aconteceu no ano 1945 na parroquia de San Miguel de Catoira. Había unha moza xitana moi fermosa de só 19 anos de idade e da que os mozos da comarca estaban prendidos. Esta preciosidade chamábase Domenica Borja Ferraquela.  A súa familia era itinerante, vivían en carros tirados por animais e soían asentarse durante uns días pola traseira de Mesón A Rúa. En verde onde asentabase, en azul onde o actual Concello.   Voo Americano 1956-1957. Eran moi coñecidos e cando viñan estaban moi asentados e mantiñan moi boa relación coa xente de Catoira. A todo isto Domenica namorouse dun paio e quería casar con el pero o pai da xitana non consentiu esta xuntanza de ningún xesto. Domenica apurou a situación todo o que puido e tentou convencer ao pai de todas as maneiras posibles. Non o conseguiu. Algunha versión fala de que o mozo era tamén xitano e o motivo da tristura da mociña foi que aquel rapaz a abandonara.  Antiga Taberna da...