DIEGO XELMÍREZ: O MAIOR LADRÓN DO SXII. CATOIRA.
O arcebispo Xelmírez robou catro reliquias da Igrexa de Braga (Potugal). Esta é a historia do Arcebispo Diego Xelmírez impulsador da reconstrución de As Torres (Catoira), ordenou a escritura do Códice Calixtino, entre outras máis cousas, pero tamén foi un gran ladrón que, mentras daba a misa cunha man, roubaba santos cá outra. O Arcebispo Xelmírez sempre manifestou que o castelo de As Torres de Catoira ( Castelum Honestum) era un dos seus lugares preferidos e onde inspirábase para realizar as máis grandes proezas. Castelo As Torres, www.turismoenxebre.com Quen sabe se alí orquestrou un dos maiores roubos máis ousados da historia relixiosa : o roubo de catro Santos da Igrexa Católica da Archidiócesis de Braga (Portugal), a súa gran rival pola supremacía galaico-portuguesa. Dous anos despois de ser nombrado Obispo, Diego pon en marcha o seu plan: INICIO Ano 1102, Diego Xelmírez parte á cidade de Braga, onde é cálidamente recibido por San Geral...