O PETRÓGLIFO DA NAVE DO CONCELLO (CATOIRA).

 

O petróglifo da nave “desaparecido”.

Esta é a historia dunha pedra cun petróglifo que como boa historia ten varias versións e un argumento que atrae dende a primeira liña.

20 ANOS ATRÁS

A primeira versión é que fai 20 anos en Dimo ou Coaxe o camión da basura do concello bateu cunha pedra que desprendeuse dun cruceiro, ou dun muro, posto que o camiño eran tan estreito que costaba virar. A pedra que desprendeu tiña un gravado rupestre e decidiron gardalo a bo recaudo nunha nave do concello que era da antiga CEDONOSA, para elo axudáronse dunha grúa.

Nave do Concello, antigamente era da CEDONOSA.

A outra versión é a mesma pero que o petróglifo estaba en Catoira de arriba.

Unha vez na nave deixaron a pedra no lado esquerdo da porta e a estudiaron, sábese diso porque tiña marcas de tiza que era moi habitual naqueles tempos para marcar os gravados e fotografíalos ben. Hoxe en día é unha práctica prohibida. Posteriormente, foi esquecido.

Petróglifo cás marcas de tiza.


ANO 2022

A ANPA cá colaboración do Colectivo A Rula organizaron unha ruta dos petróglifos para conmemorar a visita do 3 de abril do 1955 do pai da arqueoloxía galega, Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, quen foi quen catalogou os catro primeiros petróglifos de Catoira.

Cartaz da ruta

A ruta foi un éxito e nela pediuse ós asistentes que si sabían dalgún petróglifo ou elemento patrimonial descoñecido que informaran ós organizadores.

Dúas semanas despois, antigos traballadores do concello informaron dunha pedra que tiña un debuxo parecido ós da ruta nunha nave do concello.

Faltou tempo para ir e cando así foi unha gran sorriso delataba a presencia dun petróglifo. Pero non todo foi ledicia, o petróglifo en 20 anos pasou un esquecemento e un calvario por parte do concello que producía dor velo:

- caeulle gasoil enrriba posto que había unha cuba deste líquido ó seu lado.

- anteriormente, un electrodoméstico en desuso desprendeu oxído que foi parar enriba do petróglifo.

Electrodoméstico ó lado da pedra (dereita).

- lixo ó seu arredor

Lixo, na parte darriba da fotografía está a pedra.

- e sobre todo polvo acumulado, moito polvo.
Manchas, óxido, polvo, ..., canto sufriu este gravado!


Parte dun muiño "gardado" daquela maneira ó lado da pedra.


Daba pena a visión e unha PROMESA surxiu nese momento: terás un novo renacemento e serás coñecido.

Solicitouse axuda de persoas con máis experiencia no campo dos petróglifos e cun mapa 3D resaltou que o petróglifo ten círculos concéntricos, coviñas no centro e dous radiais.

Mapa 3D do petróglifo.

O petróglifo estaba sen catalogar e decidiuse facelo, pero desafortunadamente, por un mal entendido entre os presentes non se realizou, cada un creu que o faría os demais. Cousas que pasan!

 

ANO 2023

Dado o gran éxito da xornada do anterior ano da ruta dos petróglifos, decidese organizar a segunda edición e nas conversas, eu Cristina Conde Escaloni, saco o tema do petróglifo da nave que sería un boa razón para dalo a coñecer e presentalo ante a veciñanza.

Ó día seguinte, eu mesma (Cristina Conde Escaloni) acudo á nave para saber o seu estado e unha gran sorpresa apareceu cando o petróglifo “desapareceu”. Os novos traballadores do concello non tiñan coñecemento de él ata que alguén comentou: “ O alcalde, Don Alberto, mandouno gardar”. 

Cando? Onde? Como? Non habían respostas  naquel momento.


A  BÚSQUEDA

Así pois a seguinte parada era ir o concello e solicitar a súa ubicación, e como boa historia comeza a intriga: ninguén sabía do tema do petróglifo i era a primeira vez que sabían de él. Non quedaba outra que solicitar mediante escrito que o buscaran, un elemento patrimonial prehistórico estaba desaparecido.



Moitas dudas e ideas comenzaron a revoltear nas mentes:

- Unha pedra de máis de 500kg non pode desaparecer enriba dunha carretilla, tivo que levala unha grúa.

- Se gardaron a pedra ten que estar nun novo lugar do concello, neste caso onde é máis previsible? Na parte baixa do concello? Non, alí só están os restos do cruceiro caído no último temporal. 


Ser unha obra de arte e rematar daquela maneira.

- Na nave da Escola de Oficios? Non, non hai constancia de que foran alí.

Nave Escola de Oficios de Catoira.


- Acabaría no lixo?

- Confundiríanse e sen coñecemento empregaron a pedra para rechear algún camiño?

- Foi vendida “en negro”?

Moitas preguntas que só aumentaba a dor por non saber dunha obra de arte prehistórica.


Unha semana despois seguíase sen saber do petróglifo e solicitei unha resposta do escrito. 

Na primeira ocasión o concello negouse, na segunda ocasión insistían que non se sabía do petróglifo, a terceira ocasión despois de moito insistir o recado foi: 

“Alberto sabe onde está, o está estudiando un arqueólogo, e tí non tes porque saber do tema”.


A LUZ Ó FINAL DO CAMIÑO

Tocou pensar en frío, polo menos estudiabanno e nas mans dun arqueólogo, o petróglifo que foi esquecido durante 20 anos pronto vería a luz. A cuestión é onde sería visto, así pois despois de moito cavilar estaba moi claro que tiña que ser no CACTO (Centro de Activación Cultural Torres de Oeste).

O día de hoxe pódese confirmar que virá para alí, porque as últimas noticias din que achegarase un novo petróglifo ó CACTO e non pode ser máis que o petróglifo da nave do Concello.


CACTO


 PROMESA CUMPLIDA!


ACTUALIZACIÓN: o petróglifo atopase no CACTO desde o día 14  de abril, dous días despois desta publicación.


Fotografías extraídas de:

https://megaliticia.blogspot.com/2022/07/Petroglifo-da-Nave-Catoira.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA