O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

Toma da Porta da Gamba durante a Reconquista de Vigo.

Nos primeiros meses de 1809 as tropas de Napoleón  Bonaparte saquearon as parroquias de Catoira asasinando a máis de 20 veciños dos que non debemos esquecelos por formar parte dun feito histórico en Galiza “a expulsión do exército francés polo pobo galego”.

Comezo honrando ás nosas veciñas e ós nosos veciños que loitaron e non poideron fuxir desta barbarie, moitos deles de idade avanzada. Loitaron como valentes por defender a terra da que naceron, contribuíndo así a entrar na historia na que obrigaron ós xefes da guerrilla francesa a dispersar as súas forzas.  

Por eles, van esta publicación. Sit ei terra levis.

ANTECEDENTES

O exército francés có pretexto de atravesar a Península para dirixirse a Portugal, aproveitou a ocasión para ocupar España. Os franceses ían disolver o reino de Portugal, un baluarte (fortificación militar) que Inglaterra dispuña no sur de Europa. Carlos IV, despois do Motín de Aranjuez, decidiu abdicar no seu fillo Fernando VII. 

Carlos IV

Fernando VII

Despois aconteceu o que todos sabemos: Napoleón chama a Francia a pai e fillo, Fernando restitúe na coroa a Carlos, este abdica en favor de Napoleón e, por último, o emperador nomea rei de España ó seu irmán Jóse I (Pepe Botella).

Jose I (Pepe Botella)

O pobo español comeza a mobilizarse e álzase en armas contra os franceses, cá idea de repoñer a Fernando VII no seu trono. 

Na Coruña formouse a primeira Xunta o 31 de maio de 1808, pero antes, en Vilagarcía, na praza do Mercado, o día 8 deste mes, xa se fixo unha concentración en defensa de Fernando VII e de repulsa contra os invasores.

En xaneiro de 1809, dous exércitos de Napoleón, comandados polos seus mellores mariscais, Jean de Dieu Soult e Michel Ney, entraron en Galiza perseguindo as tropas británicas ó mando do xeneral Moore, quen morreu na Batalla de Elviña (A Coruña). 

Jean de Dieu Soult

Michel Ney


Morte xeneral Moore na batalla de Elviña (A Coruña)

Os franceses iniciarian a ocupación do páis, comentendo roubos, saqueos, violacións e asesinatos, debido a que os exércitos non estaban acompañados de suministros e tiñan que abastecerse sobre o terreo ou marcha.

O capitán do navío José Brandariz, o capitán de infantería José Pardiñas e Luís López Ballesteros foron os que lideraron esta rebelión na zoa vilagarciana.

Luis López Ballesteros


Brandariz tomou a iniciativa e solicitou a axuda dos ingleses, que enviaron a fragata Lively, o que resultou fundamental, debido ós escasos medios cós que se contaban.

Fragata similar a Lively


O ALTO DA SIAGOGA (entre Cordeiro e Catoira).

 Os patriotas Vilagarcianos sabían que os franceses atacarían Vilagarcía, posto que negábanse a pagar o diñeiro que os franceses solicitaban para manter Santiago de Compostela, xa que entre outras cousas, o 4 de marzo atacou un destacamento francés ó seu paso por Caldas matando a máis de 30 franceses. Iso fixo que un destacamento de 800 soldados galos decidirán chegar a Vilagarcía. Os puntos clave para detelos era o Alto de Siagoga (a unha lingua de Padrón, entre Catoira e Cordeiro) para paralos se viñan por Padrón e o alto de Pousadoiro (Vilagarcía) para contelos se viñan dende Caldas.

 

Mapa de Domingo Fontán, 1845.
Alto de Siagoga

Mapa por F. Coello. 1856. Alto de Pousadoiro

Xuntáronse armas e pediuse a axuda dos ingleses, como queda dito, que enviaron a Lively cargada de munición, comandada por Mr. George M. Kinley.

Este último estaba ben defendido por Brandarís e os seus guerrilleiros, pero no Alto de Siagoga era máis débil e foi por alí onde entraron os franceses. Unha vez forzado este paso, era imposible detelos e ó seu paso pola costa foron destruíndo cando interés atoparon. Así, ó seu paso por Catoira causaron numerosas mortes e o mesmo en Bamio e Carril.

 

OS MÁRTIRES DE CATOIRA

En vistas disto, o dia 6 de marzo saen de Santiago 800 soldados franceses para atacar Vilagarcía. Escollen o Alto da Siagoga, Cordeiro, porque estaba máis desguarnecido. No seu paso os franceses arrasaron con todo, mesmo cás parroquias de Catoira, das que a xente non puido escapar debido á sorpresa do ataque.

Un destacamento baixou ó Concello de Catoira para saquear e asasinar a todos aqueles veciños que opuxeran resistencia como testemuñan nos libros de fábrica e outros documentos.

Parroquia Oeste:

"Dentro de la Iglesia Parroquial de la feligresía de Santa Eulalia de Oeste, a seis días del mes de marzo, año de mil ochocientas y nueve, se dio sepultura al cadáver de D. Francisco de Dios Coucelo, Presbítero, a quien alevosamente e indefenso mataron los satélites del corso Napoleón, los que pasaron en el mismo día de la fecha por ésta matando a quanto hallaba sin expedición de personas, robaron y quemaron parte considerable de las partes de estos habitantes. Llegó a tanto la ferocidad y desenfreno de estos bárbaros enemigos, comunes, que ni el Sagrario o depósito de Su Divina Magestad fue reservado pues le llevaron, y las formas consagradas las trajeron a la escalera de la Casa Rectoral, donde se hallaron algunas pisadas, maltratadas de los pies de aquellos malvados..." (f. 61 r. Del Libro de Defunciones (1752- 1852); y " en el mismo día se dio sepultura al cadáver de D. Juan Ignacio Lavandeyra, Presbítero, el que murió en compañía... del antecedente".

 

Polos mandatos arzobispais para dar conta das misas da fundación en 1831, o cura de San Pedro de Dimo dí:

"Con respecto a las mejoras que pude haber adquirido de un libro (bastante derruydo) de esta mi parroquial que da una limitada idea de ella, a causa de haber permitido los mas antiguos en el fatal incendio ocasionado por las tropas enemigas y francesas en el bien público y justificativa catástrofe, que con mucho prejucio padeció esta rectoral en aquel tan amargo invasión".

Así pois en Dimo incendiaron a casa reitoral, roubaron todo o que atoparon e mataron a 13 veciños, entre eles:

Cayetano Otero

José Castaño

Manuel Conde

Josefa Torrado (solteira).

Ramón Bouza (viúvo).

Egidio Sesmay (casado).

Andrés Lobato

José Rodríguez

Tomasa Torrado (casada).

Polas mesmas datas, tamén o crego de Oeste, escribe isto ó bispo:

"... fundadas no lo se ni es posible saberlo, porque en seis de mayo del año mil ochocientos nueve fue tan disgraciada esta iglesia que esta a mi cargo y casa en que vivo que los satélites de Napoleón ni en la iglesia ni enla dicha casa dejaron cosa alguna de manera que en la y glesia robaron cuanta plata tenía atreviendose a abrir la Custodia sacar della el Copón arrojando por el suelo las partículas consagradas... no respetaron mis alajas ni libros porque el libro donde estaban asentadas las misas de fundación con sus ypotecas los hicieron pedazos de suerte que fue tal tan grande mi desgracia que me dejaron con la camisa que tenía puesta".

Nesta parroquia tamén arrasaron, queimaron casas, roubaron e mataron  entre outros dos que non hai constancia e así testemuña o párroco Don Joaquin da Sierra e Arce:

Don Francisco de Dios Couselo (presbístero) (sarcedote).

Don Juan Ignacio Lavandeira (prebístero) (sarcedote).

Rosalía López.

En San Miguel de Catoira, a pesar de que moitos, alertados polo acontecido en Dimo e Santa Baia, fuxiron pero mataron a:

Vicenta Conde (Corredoira).

Agustín de Figueira

(Trasdaveiga, marido de Cayetana de Míguez).

Manuela Santiago (Carral, viúva de Andrés Gómez)

Manuel da Figueira (Marido de Manuela Díaz)

Micaela da figueira (viúva).

Francisco Caamaño (viúvo).

Todas e todos de avanzada idade, que non puideron escapar moi lonxe.

En San Mamede de Abalo mataron a:

Gabino Loureiro (presbítero) (sarcedote).

Gregorio Lorenzo

Manuel Torrado

Juan Loureuiro

Luis Lorenzo

Bernardo Isorna.

 

Moitas veciñas e veciños, entre eles o meu tataravó, escondíanse onde podían e neste caso foi debaixo da Ponte Vella de Catoira mentres pasaban os franceses por arriba.


O Baixo Ulla.


PROGRESIÓN NOUTROS CONCELLOS

Os franceses continuaron có seu "aquelarre” por Bamio, onde mataron ó párroco Don Francisco Antonio Moas Barreiro e a outras 23 persoas, e Trabanca Sardiñeira, matando ó presbítero Don Benito Lorenzo. Os de Carril avisados, tentaron fuxir para a illa de Cortegada, pero moitos foron alcanzados polas balas dos franceses. Así chegaron a Vilagarcía, que tamén foi devastada e incendiada, aínda que a maioría da xente fuxira para Lobeira. Nuns poucos anos Vilagarcia foi recuperándose O 22 de xuño o exército de Napoleón abandona Galicia, cá perda de 47.000 dos 70.000 soldados que trouxera.

Padrón tamén foi vítima dos ataques das tropas de Napoleón. En abril do 1809 penetran na vila e cometen grandes tropelías e demandos, sobre todo en fincas e no convento de Herbón. Os veciños tiveron que fuxir ós montes. As tropas queimaron e asaltaron casas, estragaron a fonte e o convento do Carme. Polo menos os veciños tiveron tempo e oportunidade de salvar os libros e as imaxes, cousa que lograron ó repartilos entre as casas da vila.


 DESENLACE

A desaparición de 200 soldados franceses en Betanzos, a Batalla de Elviña (A Coruña), a Reconquista de Vigo e outras moitas batallas i escaramuzas levadas a cabo tanto en Galiza como no norte de Portugal revelaron ó mundo unha extraordinaria lección: o exército francés non era invencible cando enfrontábase a un país en armas e disposto a morrer. Todas estas accións, levadas a cabo no primer semestre de 1809, expulsaron de España en só cinco meses os mariscales Soult e Ney para non voltar máis.


REFLEXIÓNS

“Esa maldita guerra foi o inicio de tódolos desastres de Francia”, recoñecía Napoleón anos despois. 

As batallas do pobo galego contra os franceses de Bonaparte foi un episodio que hoxe en día sorprende ós historiadores:

<<Ós cinco meses de ser invádida, váiase libre Galiza, merced ó seu asombroso levantamento unánime, á súa actividade e perseverancia. Pódese coñecer entón o que pode ser un pobo defendendo o seu fogar e a súa patria. Rudos paisanos, tropas sen instrución e mal armadas, caudillos inexpertos triunfaron de huestes (exército en campaña) aguerridas e de consumados xenerais.>> Eduardo Chao.

<<Parece mentira que un corpo de exército tan numeroso e aguerrido como o que mandaba Ney non puidera facer fronte ós indisciplinados galegos.>> “Historia del imperio”, Thiers.

<<O feito de que paisanos mal armados, sen coñecementos nin experiencia militar algunha, derrotados e dispersos frecuentemente, fixo fracasar ó xenial Emperador e ós seus valentes `vencedores de Europa`, obrigándoos, finalmente a evacuar España, é unha verdade que os profesionais non soen admitir facilmente, e iso non soamente os franceses, senón tamén os británicos e, as veces, os propios españois.>>  Louis Madelin, historiador.

<<Os batallóns de Lord Wellington serían rapidamente exterminados se os franceses, inquietados polos xefes das guerrillas, non se viran obrigados a manter dispersas as súas forzas>>. “Guerra da Península”, Napier.

 "Quen esquece a súa historia, están condenado a repetila".

 Jorge Agustín Nicolás Ruiz de Santayana


Texto extraído:

“Aquela xente de Catoira”, Pepe Castaño Dios. Páx. 83.

O Baixo Ulla

Wikipedia

https://www.revistaesmas.com/vilagarcia-contra-la-invasion-francesa.html

https://www.revistaesmas.com/vilagarcia-contra-la-invasion-francesa.html

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/la-noche-en-que-napoleon-perdio-200-soldados-en-galicia-que-aun-siguen-desaparecidos

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2019/06/30/napoleon-derrotado-galicia/0003_201906V30C4991.htm

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.