Publicacións

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.

Imaxe
  Moncho Bouzón celebra o seu Desembarco Vikingo nº 50. Moncho Bouzón.  Faro de Vigo / Gustavo Santos. ENTREVISTA: DC (Descubrindo Catoira). MB (Moncho Bouzón). DC: Como empezaches na Vikinga? MB: Foi en 1974 un mes antes de cumprir os 15 anos, coincidiu que días antes da Vikinga tiña por costume ir á CEDONOSA e ver como pintaban os escudos, elixían os cornos para beber, as lanzas, ... e como aínda era moi xoven (14 anos) non podía ir.  Eu levábame ben ca familia e sobre todo cós fillos de Serafín, o xerente, xa que tanto a familia Serafín como a nosa "Os Calderillas" tiñamos moi boa relación. Eu aquel ano pedinlle ó meu irmá Manolito si podía ir no barco, entón él falou cós responsables da tripulación e ó levarme ben cós fillos pois leváronme.  Moncho Bouzón (esquerda) có seu irmá Manolito. Ó ano seguinte traballa xa na CEDONOSA e gañeime o dereito a ir. DC: Que sintes ó ser VIKINGO? MB: Ser VIKINGO e sentir parte da historia. Moncho Bouzón, no centro, sa

SAN CIBRÁN DE DIMO, CATOIRA.

Imaxe
  O santiño queda custodiado todo o ano na Igrexa parroquial de San Pedro de Dimo. “De Pascua a San Cibrán sete semanas van”. Pasou o día pasou a Romería e onte o santiño San Cibrán disfrutou do seu gran día. Todo comeza cá chegada a pé de devotos do santiño ó adro da festa da Igrexa Parroquial de Dimo que custodia ó San Cibrán, aínda que en menor frecuencia perdura o andar dende as casas. Os gaiteiros agardan a saída do santiño. Ás 8h oficiase a misa e ó remate cá compañía dos gaiteiros levan e acompañan ó santiño ata a ermita de San Cibrán. VIDEO:  https://www.facebook.com/100035475151495/videos/864341912172323/   Os fogueteiros fan acto de presencia cás bombas durante a procesión para dar aviso que o santiño vai de camiño. Fogueteiros. As persoas devotas escoitan a música dos gaiteiros e recordan como era o camiño antes da chegada da carretera e os coches. –“Todo isto era terra e iamos cargados con bolsas de comida e viño ata arriba, agora levamos a comida nos coches que deixa

MESTRE REPRESALIADO EN DIMO: DON VÍCTOR TOURIÑO LÓPEZ

Imaxe
  Don Víctor Touriño López foi un docente que deu clases no colexio de Tarrío (Dimo).   Don Víctor Touriño López OBXECTIVO Precisase información deste home no seu paso por Catoira   da súa chegada, anécdotas, historias, o día que deixou de dar clases pola sanción en 1936, fotografías, ... calquera información é útil. INFORMACIÓN ATA AGORA VIDA E DECESO Don Víctor naceu en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1898, os seus pais Cándido e Dolores eran xornaleiros residentes na rúa de San Pedro, acreditan dita paternidade no certificado de nacemento sito no seu expediente e faleceu en Santiago de Compostela o 8 de abril de 1995.. Falecemento ENSINANZA EN CATOIRA O mestre deu clases no período 1926/1936 ata que foi represaliado e suspendido de emprego polo réxime, posteriormente foi desterrado a Burgos en 1940. O home rematou na Guarda en 1951 ata a súa xubilación. Escola de Dimo. www.obaixoulla.gal ANO 1936 No ano 1936 iniciouse o Alzamento Nacional do goberno franquista