Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2023

O PETRÓGLIFO DA NAVE DO CONCELLO (CATOIRA).

Imaxe
  O petróglifo da nave “desaparecido”. Esta é a historia dunha pedra cun petróglifo que como boa historia ten varias versións e un argumento que atrae dende a primeira liña. 20 ANOS ATRÁS A primeira versión é que fai 20 anos en Dimo ou Coaxe o camión da basura do concello bateu cunha pedra que desprendeuse dun cruceiro, ou dun muro, posto que o camiño eran tan estreito que costaba virar. A pedra que desprendeu tiña un gravado rupestre e decidiron gardalo a bo recaudo nunha nave do concello que era da antiga CEDONOSA, para elo axudáronse dunha grúa. Nave do Concello, antigamente era da CEDONOSA. A outra versión é a mesma pero que o petróglifo estaba en Catoira de arriba, preto da Finca "A Capela", lugar onde atopouse a Ara Romana, os sarcófagos do SV, muíños de man, ... A veciñanza comenta que o petróglifo entorpedecía ó ensanche da carretera e se non quitaban a pedra quedaría no medio, así que decidiron gardalo na nave. ACTUALIZACIÓN 17/04/2025. Esta última versión é ...